Listaxe de fontes
Preme na lupa, para facer unha búsqueda máis rápida.
- Todas
- Alba
- Bora
- Campañó
- Cerponzóns
- Lérez
- Lourizán
- Marcón
- Mourente
- Ponte Sampaio
- Pontevedra
- Salcedo
- Santa María de Xeve
- Santo André de Xeve
- Tomeza
- Verducido
- Todas
- Alba
- Bora
- Campañó
- Cerponzóns
- Lérez
- Lourizán
- Marcón
- Mourente
- Ponte Sampaio
- Pontevedra
- Salcedo
- Santa María de Xeve
- Santo André de Xeve
- Tomeza
- Verducido
O Concello de Pontevedra, a través do Laboratorio do Servizo Municipal de Augas – Viaqua S.A.U, realiza os controis analíticos da auga dos mananciais das 186 fontes públicas catalogadas no municipio.
Segundo a lexislación vixente, Real Decreto 3/2023 de 10 de xaneiro, considérase que un auga é “Non apta para consumo humano” cando algún dos parámetros analizados supera ou incumpre os valores lexislados.
Sinala tamén que as augas de consumo humano deberanse desinfectarse, xa que o feito de dispor dun baixo nivel de desinfectante residual que aporta unha garantía sanitaria. Polo tanto, aínda que os resultados no control esporádico realizado polo Concello indiquen que non presenta contaminación e os parámetros analizados cumpran coa lexislación, isto non é dabondo para establecer unha garantía sanitaria nestas augas ao non estar desinfectada.
Os parámetros analizados son o color, turbidez, condutividade, pH, nitritos. nitratos, amonio, clostridium perfringense, bacterias coliformes totais, escherichia coli, enterococos e outros parámetros en función das características particulares da auga.
As fontes contan coa sinalización de fontes correspondente atendendo o Real Decreto 3/2023 de 10 de xaneiro polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano e a instrución GC-13T-02-01-08 de sinalización das fontes públicas. A instrución marca tanto o contido como o grafismo a poñer nos carteis.
No cartel instalado ademais incluíuse os datos do nome da fonte e parroquia a que pertence. Tamén dispón dun código QR, enlace para trasladarnos directamente coa páxina web da información da fonte.
As fontes do municipio están rotuladas como:
Esta auga pódese consumir.
Este cartel utilízase no caso de fontes conectadas á traída ou fontes con tratamento de desinfección, das que se pode asegurar a súa aptitude, xa que están desinfectadas e hai resultados analíticos que corroboran a súa aptitude.
Esta auga non se pode consumir.
Este cartel utilízase no caso da “non aptitude da auga” de calquera fonte (nun momento puntual ou permanentemente), xa que hai resultados analíticos que así o indican.
Este cartel utilízase no caso de que esa fonte pública non teña tratamento de potabilización, pero o seu control esporádico indica que non presenta contaminación e os parámetros analizados cumpran coa lexislación vixente, non obstante, ao non estar desinfectada o concello non pode garantir a súa calidade.
Son as fontes que non se teñen resultados analíticos, fora de uso, deterioradas, secas, etc.